Sofía Toro en nuestro Club
10/4/2013
O venres, 12 de Abril, ás 18:00 hs. recibiremos no Salón de Actos do noso Clube á Medallista Olímpica Sofía Toro, que nos visitará coa proposta “Espello Deportivo”, promovida pola Deputación da Coruña en colaboración coa Rede de Dinamización Linguiística, a que pertence o concello de Riveira dende o ano 2011.
A regatista coruñesa, primeira deportista galega cunha medalla de ouro conquerida nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, entrena actualmente no Centro de Alto Rendimento de Vilagarcía de Arousa, formando parella coa viguesa Patricia Suárez, preparándose para competir na Clase 470 en Río 2016.




