Carta: 9263
Cordenadas:
42º 33' N/ 08º 59' W
Canal radio: 9
Eslora máxima: 20 metros
Calado mínimo: 3 metros
Número de Amarres: 239
tablón de Anuncios

GALICIA VELA ADAPTADA

02/5/2013

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) é unha entidade sen ánimo de lucro, que ten como finalidade a integración das persoas con discapacidade.

Unha das actividades que desenvolve é o Proxecto GAVEA, co propósito de fomentar a sua participación en actividades náutico-deportivas, derribando as barreiras que lles impiden o uso do medio marino.

O punto de partida deste proxecto foi a incautación ao narcotráfico, pola Audiencia Nacional, do veleiro Laion. Este barco, de 13 metros de eslora e con capacidade para 10 persoas, foi cedido a membros de COGAMI co fin de que cumpra unha función integradora a través do lecer e do deporte.

Dentro da programación do Proxecto GAVEA para este ano 2013 vanse a realizar varios Bautismos de Mar en Riveira a bordo do Laión con grupos de discapacitados. Con este motivo o noso Clube cede gratuitamente para esos días, os vindeiros sábado 13  e domingo 14 de xullo, o uso do pantalán exterior co fin de posibilitar o embarque das persoas con movilidade reducida.


PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA
PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA

AGENDA 2030 - OBJETIVOS DESARROYO SOSTENIBLE